A pesares de levar dous meses en confinamento (lockdown en inglés) e ao mellor aburrirvos algo, seguro que vos deu tempo a pensar no que estades desexando facer cando esta tempade remate.
Anímovos a que fagades un debuxo e o coloreedes sobre o que estades desexando facer cando vos deixen saír da casa libremente (xogar cos amigos, ir ao parque, ir á praia, ir á piscina, etc)
*Recordade que debemos colorear sen saírnos, seguindo sempre a mesma dirección e se queredes resaltar os vosos debuxos ou algún aspecto deles podédelos repasar con rotulador.
*Podedes empregar o material que se vos ocorra, compoñer un debuxo con recortes, etc.
DEIXADE VOAR A VOSA IMAXINACIÓN!
No hay comentarios:
Publicar un comentario